Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A morte digna en España
En España non existe unha lei sobre a morte digna, pero nove comunidades autónomas decidiron regular este aspecto. Andalucía, Aragón, Baleares, Canarias, Galicia, Madrid, Navarra e País Vasco xa aprobaron dita regulación. No caso de Asturias, deuse luz verde para levala adiante.

O Código penal español prohibe a eutanasia activa e o suicidio asistido e conta, desde 2002, coa Lei Básica Reguladora da Autonomía do Paciente e de Dereitos e Obrigacións en materia de Información e Documentación Clínica, na que se recoñece como un principio básico "a dignidade da persoa e o respecto á autonomía da súa vontade".

O suicidio asistido está penado no noso país, e o Código penal, no seu artigo 143, di respecto diso:

1. 'O que induza ao suicidio doutro será castigado coa pena de prisión de catro a oito anos'.

2. 'Impoñerase a pena de prisión de dúas a cinco anos ao que coopere con actos necesarios ao suicidio dunha persoa'.

3. 'Será castigado coa pena de prisión de seis a dez anos se a cooperación chegase ata o punto de executar a morte'.

4. 'O que causar ou cooperar activamente con actos necesarios e directos á morte doutro, pola petición expresa, seria e inequívoca deste, no caso de que a vítima sufrise unha enfermidade grave que conduciría necesariamente á súa morte, ou que producise graves padecimientos permanentes e difíciles de soportar, será castigado coa pena inferior nun ou dous graos ás sinaladas nos números 2 e 3 deste artigo'.

Con todo en España non hai unha lei estatal específica de morte digna. Tan só nove comunidades autónomas regulan este aspecto: Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Galicia, Madrid, Navarra e País Vasco.

Iria Padrón, 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-03-2017 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0