Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O fiscal pide 39 anos de cárcere, o máximo, para o home que matou a súa muller no CHUO a coiteladas
Aniceto Rodríguez, o presunto autor da morte da súa muller, Isabel Fontes, cando esta recuperábase dunha agresión anterior nunha habitación do CHUO, enfróntase a unha petición fiscal de 39 anos de cárcere: 25 pola morte e 14 polo intento previo. O ministerio público, a pesar de sufrir o acusado un ictus que lle deixou secuelas, considera que Aniceto Rodriguez, de 78 anos, é imputable de acordo cos informes dos forenses. Atribúelle dous delitos. Un de asasinato consumado pola súa actuación do día 8 de maio de 2015 cando matou a Isabel Fontes a coiteladas no hospital. O outro, en grao de tentativa, corresponde á agresión, a marteladas e previsiblemente mentres durmía, que sufriu a muller no propio domicilio da localidade verinesa de Pazos un mes antes. O agora acusado tentara facer pasar este suceso por un intento de roubo, atribuíndo a agresión ao presunto ladrón. As pescudas da Garda Civil facían supoñer que se trataba dun caso de violencia familiar, pero iso non foi suficiente para que desde o xulgado de Verín adoptásense medidas de protección co fin de que o presunto agresor non puidese estar coa súa muller para rematala, como supostamente fixo cando se decatou da súa recuperación e da probabilidade de que o delatase. Morta Isabel, Aniceto habíase autolesionado. Facéndose varias puñaladas no abdome, brazo esquerdo e pescozo... « Ditas lesións non afectan a súa capacidade de comprensión », segundo recolle o escrito do fiscal. A familia da vítima mantén accións xudiciais para que se castigue á xuíza que entón estaba á fronte do caso.

Nuria Vázquez, 2ºBACH A.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-03-2017 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0