 Canalizar a expresión artística da mocidade ourensá a través dun espazo online ao que poder subir música, literatura, pintura, escultura, cinema, fotografías, danza, teatro, poesía, moda, ilustración ou calquera outra disciplina. Con ese obxectivo, o Concello de Ourense, a través da área de Xuventude, pon en marcha unha plataforma baixo o nome "Guía da mocidade creativa", que levará a cabo desde o espazo Lusquiños dá Mocidade, de carácter gratuíto e coa pretensión de crear un amplo catálogo que sirva de lanzadeira profesional aos ourensáns con idades comprendidas entre os 14 e os 35 anos sen experiencia laboral.
Os obxectivos que persegue esta guía van desde estimular a actividade creativa entre os mozos, incentivar o espírito participativo e colaborativo en proxectos de cidadanía activa ou fomentar o asociacionismo xuvenil a través da creación de grupos (de teatro ou musicais, entre outros). A maiores, segundo informaron desde o Consistorio, "preténdese elaborar unha base de datos completa sobre artistas para poñer en valor o seu traballo, facilitar a súa localización e conseguir para eles unha saída profesional".
Laura Pérez Madriñán, 2º de Bacharelato. |