
A oposición veciñal en Sarria ao proxecto de canalización do río ten un custo, un prezo que lle pon a Subdelegación do Goberno Español en forma de multas a 34 activistas por un importe de preto de 17.000 euros. A colaboración de amizades, familias e veciñanza fixo que xa se pagasen 8.000 euros a comezos deste ano. O resto dos cartos terán que pagalo de contado para evitar o risco de embargos de bens e contas. Por iso activouse unha campaña de solidariedade no marco da cal se abriron 2 contas bancarias, unha no Banco Santander cos díxitos ES14 0081 2211 86 0001059406 e outra no Banco Sabadell Gallego con este IBAN ES09 0049 0457 31 2990687025.
En 2014 a Plataforma Sarriana en defensa do río foi quen de mobilizar a veciñanza contra un proxecto, o da Confederación hidrográfica Miño-Sil, que procuraba unha canalización do río que afectaba gravemente patrimonio local e importantes zonas ambientais. Mediante a mobilización, conseguiuse salvar gran parte das 180 árbores do Malecón que ían ser talados, así como o illote fluvial do Toleiro e importantes elementos dunha das pontes.
Os membros do colectivo ven nestas sancións unha forma máis de represión e defenden que o único que fixeron foi protexer de forma pacífica o patrimonio natural e histórico de Sarria.
Sofía Fernández Martínez, 2º de Bacharelato. |