Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

39 anos de loita das Nais da Praza de Maio
Con panos brancos, a Asociación Nais da Praza de Maio conmemorará este sábado o inicio do movemento de resistencia político contra a ditadura militar 39 anos atrás, após a represión e desaparición sufrida durante o réxime de Rafael Vilela (1976-1981), caracterizado por unha constante violación dos Dereitos Humanos e por cometer crimes de lesa humanidade.

Todo comezou un 30 de abril de 1977. Un total de 14 mulleres tomaban a Praza de Maio de Bos Aires para reclamar a volta dos seus fillos e fillas desaparecidas. A partir de entón, este emblemático espazo ?situado fronte á Casa Rosada, a sede do Goberno do país- tornouse no seu territorio; as quintas feiras, nos seus días de loita e os panos branco, na súa identificación.

Após de 39 anos, as Nais, moitas delas aínda con fillos e fillas desaparecidas, ampliaron a súa loita contra a impunidade arredor de todo o mundo e contra o neoliberalismo. Convertidas en símbolo da democracia na Arxentina, non houbo represión, nin cans nin golpes que as vencesen. E, a día de hoxe, seguen a reclamar xustiza polas 30.000 persoas desaparecidas durante a ditadura.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-04-2016 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0