 De Galiza para o mundo, a editorial galega Mar Maior chegou a Arxentina ?á conquista da diáspora?, en palabras de Xavier Alcalá, conselleiro do selo. Nacida da editorial Galaxia, Mar Maior presentouse onte na Feira do Libro de Bos Aires, a súa primeira escala internacional. A seguinte será Brasil e prevé tamén una parada en Uruguay, México e Cuba. ?Mar Maior nace da necesidade de abrirse a outros idiomas que non sexan o galego e conectar coa diáspora, que vive xa na outra lingua pero que conserva a conciencia galeguista. Imos á conquista da diáspora, primeiro en castelán e despois en portugués?, subliña Alcalá na Feira do Libro porteña, que este ano ten a Santiago de Compostela como cidade invitada.
O primeiro libro publicado en Arxentina polo novo selo é un ensaio clásico na outra beira do Atlántico: Historia de Galicia (1984), do historiador e actual presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares. Na edición local inclúe un ensaio actualizado da cidade de Bos Aires, o principal destiño da emigración galega nos séculos XIX eXX. ?É una homenaxe á emigración. Para Galiza é imposible entender o século XX sen Bos Aires. Case o 50% dos galegos emigrantes se instalaron aquí?, di Villares, quen cre que na capital arxentina deuse unha ?fusión especialmente feliz de masas de emigrados e elites?.
?En Arxentina saen algún títulos que son unha chamada de atención?, explica Alcalá. Entre eles A Esmorga, considerado un dos hitos da narrativa galega contemporánea, e O vidro roto. Contos para as Américas, de Emilia Pardo Bazán. Tamén chegan con outros tesouros, como catro libros de Cunqueiro, considerado un dos principais percursores do realismo máxico.
Mar Maior pretende difundir a cultura galega ao outro lado do Atlántico, pero tamén publicar a arxentinos de orixe galega para dalos a coñecer na Galiza. A elexida para inaugurar esta liña editorial é María Rosa Lojo, co libro álbum ilustrado El libro de los sinigulares y del único sinigual, publicado inicialmente en galego por Galaxia en 2010. Ao xeito dun bestiario fantástico, Lojo concibiu estes relatos breves acompañados de fotografías da súa filla Leonor Beuter. Asegura que non se trata dun libro infantil senón de ?unha proposta de vangarda para un público sen limitacións?.
Ademais de cruzar fronteiras, a editorial se propón tamén mesturar xéneros e prevé a publicación de novelas adaptadas á banda deseñada e librodiscos nun futuro próximo.
Candela Fernández del Pon, 4ºB. |