Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Multados 34 activistas de Sarria con 16.700 euros pola súa defensa do río.
A oposición veciñal en Sarria ao proxecto de canalización do río ten un custo, un prezo que lle pon a Subdelegación do goberno español en forma de multas a 34 activistas por un importe de case 17.000 euros. A colaboración de amizades, familias e veciñanza fixo que xa se pagasen 8.000 euros a comezos deste ano. O resto dos cartos terán que pagalos de contado para evitar o risco de embargos de bens e contas. Por iso activouse unha campaña de solidariedade no marco da cal se abririon 2 contas bancarias.

En 2014 a Plataforma Sarriana en defensa do río foi quen de mobilizar a veciñanza contra un proxecto, o da Confederación hidrográfica Miño-Sil, que procuraba unha canalización do río que afectaba gravemente patrimonio local e importantes zonas ambientais. Mediante a mobilización, conseguiuse salvar gran parte das 180 árbores do Malecón que ían ser taladas, así como o illote fluvial do Toleiro e importantes elementos dunha das pontes.

Os membros do colectivo ven nestas sancións unha forma máis de represión e defenden que o único que fixeron foi protexer de forma pacífica o patrimonio natural e histórico de Sarria.




Fernando Rodríguez Sousa, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-04-2016 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0