
Ferrol é a cidade máis envellecida de Galicia, cunha media de idade de 47,8 anos en 2015, por enriba dos 46,2 anos do conxunto da Comunidade, á vez que rexistra a maior porcentaxe de poboación maior de 64 anos (o 26,3% dos residentes).
Así figura na estatística 'Panorama dos sete grandes concellos', feita pública polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este martes, na que se recolle que a poboación de Galicia no ano 2015 alcanzou a cifra de 2.732.347 habitante, dos que o 36,2% residían nunha das sete cidades.
Neste estudio no que se poden observar as diferenzas entre as estruturas de poboación de cada cidade, Ferrol conta co menor peso de menores de 20 anos (o 14,8% da poboación). No outro extremo está Pontevedra (o 18,6% ten menos de 20 anos) e a porcentaxe de maiores de 64 anos é o menor na Comunidade (19% dos seus habitantes).
En xeral, nas cidades as mulleres superan os homes, posto que son unha 51,8% da poboación galega. O 11,9% dos habitantes ten menos de 15 anos, o 64,1% entre o 15 e 64 anos, mentres o 24% xa cumpriu os 65 anos. Pontevedra, Vigo, Santiago e Lugo presentan unha estrutura por idades menos envellecida que estas medias; A Coruña e Ourense móvense nunhas taxas similares, mentres Ferrol se sitúa nas medias máis envellecidas.
Laura Feijoó González, 4ºA. |