 A tan só un ano de cumprir os seus vinte, o Cultura Quente preséntase como unha das citas musicais ineludibles deste verán. A experiencia é un grao, e o traballo realizado durante as súas últimas edicións permitiu, a Concello de Caldas de Reis e organización do evento, crear un dos mellores carteis da súa historia.
A localidade da provincia pontevedresa poderá presumir de xuntar algunhas das bandas máis consagradas do panorama nacional ao longo dos dous días que dura o evento. A crueza das letras de Ilegais mediranse aos himnos xeracionais dos Inimigos. Xunto a eles, O Drogas -excantante e baixista de Barricada-, e os vigueses Sinistro Total, comandados por Julián Hernández.
Coroando cartel e ofrecéndose como estrelas desta edición, os norteamericanos Supersuckers descargarán a súa mestura de rock, punky e country na vila termal. Marky Ramone, batería da lendaria agrupación Ramones, situarase de novo na parte traseira do escenario para marcar o ritmo da súa banda, reinterpretando auténticos clásicos como Sheena is a punk, I wanna be sedated ou Blitzkrieg Bob.
Martín Pérez, 2º Bach. |