A fotógrafa Julia Marie Werner atopouse durante a súa viaxe a España a un dos miles de cans que son abandonados cada ano polos seus donos.
Estaba nunha visita de traballo cando viu que un home se acercou a un can da rúa para tratar de que marchara. Cando o can a mirou, recordoulle a Simba, personaxe da película El Rey León e non puido deixalo aí, polo que o adoptou e o levou a vivir con ela a Alemaña.
A fotógrafa sospeita que Tschikko, nome que lle puxo ao can, foi arroxado dende un coche e o abandonaron na rúa durante tanto tiempo que o can incluso se desprezaba a si mesmo. Sen embargo, tras ser acollido, Julia cree que o animal non lembra os seus pasados traumas e agora está cómodo coa súa nova vida.
Aínda que ás veces ten demasiado medo, a Tschikko encántalle exploar coa súa mellor amiga e alá onde viaxa a fotógrafa, el a sigue. Por iso, en homenaxe a súa leal compañía, Julia decidiu crear a reportaxe ?O león da gran cidade?, coma se se tratara do rei da xungla. A serie de fotografías débese a que o seu can ensinoulle que ?non importa de onde veñas, mentres sexas curioso e teñas un sorriso na cara, non hai nada que non podas ser.?
Selena González Rodriguez, 1º A de Bacharelato |