
A Academia presentará unha demanda perante o Europeo de Dereitos Humanos contra o decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario, coñecido popularmente como ?decretazo?. Farao como "novo paso na defensa dos dereitos lingüísticos das crianzas en idade escolar e por encomenda de nais e pais" , segundo sinalou nun comunicado de prensa a institución após o acordo plenario adoptado o 17 de marzo.
Segundo a RAG o decreto 79/2010 e varias das decisións tomadas ao longo do procedementos xudiciais seguidos contra esta norma ante o TSXG, o Tribunal Supremo e o Tribunal Constitucional vulneran "os dereitos fundamentais recollidos no Convenio Europeo para a protección dos Dereitos Humanos".
Desde as familias e a Academia sinalan que "despois de cinco anos de aplicación comprobamos que a norma vulnera o dereito a ser iguais dos nosos fillos e fillas con independencia da lingua" e "afonda na desigualdade histórica" o que "conduce a enormes dificultades para exercer o dereito a falar galego, e a levar unha vida en galego como persoas adultas". Imposibilidades que, sinalan, "son imposíbeis de superar para nenos e nenas en idade escolar aos que se lles transmite a idea de que a súa lingua non é útil", recolle a carta remitida por familiares á RAG.
Neste senso, a Academia sinala que "desde a súa aprobación" decidiron "esgotar todas as vías xudiciais contra unha norma que infrinxe a legalidade, lesiona os dereitos das persoas galegofalantes e está en flagrante contradición co compromiso que o Reino de España suscribiu ao asinar a Carta europea de linguas rexionais e minoritarias". Descarte, lembran que "o propio Consello de Europa manifestou o pasado mes de xaneiro a súa preocupación polo efecto negativo da "redución gradual" do galego no ensino de Galiza". Unha valoración recollida no informe elaborado a respecto da aplicación da Carta e no que se subliña que no ensino infantil o galego só está presente no 6,57% das poboacións con máis de 50 mil habitantes.
Ana García Barandela, 2º de Bacharelato. |