Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A pasarela galega, de engúrraa máis bela á moda de «Xogo de Tronos»
Con Inditex á cabeza, o sector téxtil galego emprega a día de hoxe a 13.000 persoas e representa o 6,5 por cento da riqueza da Comunidade. No conxunto autonómico, máis de 300 empresas viven na actualidade de vestir a unha poboación cuxa silueta foi variando ao longo da historia, sempre en función das modas do momento. Desde as vestimentas medievais?caracterizadas pola rudeza dos seus tecidos e a querenza polas capas? ata os omnipresentes vaqueiros discorre un longo camiño que os amantes da moda poderán desandar no Museo da Cidade da Cultura. Porque penetrarse na mostra «Con-fío en Galicia» é algo así como revisitar a historia da Comunidade a través das súas roupaxes.

Unha agulla puída en óso durante o Paleolítico e achada na lucense Cova de Eirós marca o punto de partida desta exposición, que nos lembra que alá polo século XVI os galegos portaban capa e chapeu de á e as damas cubríanse con vestidos cuxo longo rozaba o chan. Sempre da man do deseño, a relación de Galicia coa moda remóntase máis atrás no tempo do que a memoria colectiva permite reter. Esta mostra ?coordinada pola Consellería de Cultura e cuxa entrada é gratuíta? tamén rememora que xa nos anos setenta unha fábrica de camisas de Redondela saltou á fama pola publicidade que lle concedeu o pintor Salvador Dalí. O xenio de Figueres asinou un contrato de 125.000 pesetas coa fábrica de Regojo, que ademais implicaba que cobraría unha peseta máis por camisa vendida.

Sara Fernández, 1º A de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 13-03-2016 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0