Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xunta limita o acceso á Praia das Catedrais en Semana Santa

A Xunta activará durante a próxima Semana Santa o Plan de Conservación da Praia das Catedrais, situada no concello lucense de Ribadeo, co que se limitará o acceso ao areal. O programa regulador, aprobado en xuño do ano pasado, establece unha afluencia máxima de 4.812 persoas diarias en tempada alta, é dicir, tanto en Semana Santa como en verán. O oxectivo deste plan é "preservar e conservar" o espazo natural, así como "fomentar un turismo sostible", segundo explicou a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a través dun comunicado. Por iso, para "evitar alteracións" no hábitat das especies e os procesos erosivos da área, limitaranse as visitas.

Para iso, dende o ano pasado existe unha páxina web a disposición dos interesados que permite realizar unha reserva para visitar o monumento natural de modo gratuíto. En concreto, as autorizacións diarias distribuiranse maioritariamente a través da páxina web, aínda que parte delas será xestionada pola mancomunidade da Mariña lucense, o Clúster de Turismo de Galicia, os hoteis de Ribadeo, a empresa de autocares EOCAR e os taxis de Ribadeo. Tamén se ofrecerá un servizo de guía e divulgación ambiental.

Selena González Rodriguez, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 13-03-2016 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0