Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Máis de mil escolares de Sanabria e do Bierzo aprenden lingua e cultura galegas
Máis dun milleiro de escolares de primaria e secundaria das comarcas do Bierzo, en León, e Sanabria, en Zamora, estudan este curso lingua e cultura galegas. Fano en virtude do programa de promoción do galego posto en marcha pola Xunta e pola Junta de Castela e León hai case quince anos e que continúa co seu labor de promoción do uso e do ensino da lingua propia de Galicia nestes territorios galegosfalantes do exterior.

Ambas institucións veñen de ratificar o seu compromiso de colaboración para a vitalidade do galego nestas comarcas. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Valladolid na xuntanza anual da comisión mixta de seguimento do Programa de Ensino en Galego. García destacou «o compromiso das administracións galega e castelá-leonesa para melloraren e aumentaren o protocolo xeral de colaboración para a promoción do galego no Bierzo e Sanabria». «Os dous gobernos porán en marcha unha campaña de publicidade de cara ao vindeiro período de matriculación para que as familias desas dúas zonas da comunidade veciña descubran as vantaxes de aprender galego», avanzou.

Neste encontro non só se falou do galego no eido educativo, senón que se trazaron liñas de traballo para mellorar a promoción lingüística deste idioma en ámbitos como o cultural, o social ou o administrativo, para o que se busca a colaboración dos concellos destas zonas estremeiras, así como do Consello Comarcal do Bierzo.

Lucía Vázquez Nóvoa, 1º B de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 13-03-2016 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0