Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha nai refuxiada vese obrigada a bañar á súa recentemente nacido nun charco de barro

A historia de Sulaf, unha nai refuxiada que se ve obrigada a bañar á súa filla nun charco de barro, é unha das miles de historias que se esconden en escasos metros de campo europeo de Idomeni. Alí, miles de refuxiados acampan, esperando poder cruzar a fronteira con Macedonia e comezar unha nova vida.

Segundo informa o Daily Mail, a pequena chámase Bayan e naceu en chan europeo hai apenas 20 días. A situación á que se enfronta cada día é tan extrema, que a nai se ve obrigada a bañar ao seu bebé nun charco de barro, xusto á entrada da tenda de campaña onde Sulaf vive desde hai días co seu marido e os seus outros catro fillos.

Bayan é un nome máis dos centos de nenos que sobreviven en condicións inhumanas en Idomeni. Nos últimos días, máis de 70 nenos do campo foron hospitalizados por febre, diarrea e outras enfermidades.

O mal tempo empeorou a situación e as choivas torrenciais impiden que os miles de refuxiados que se atopan atrapados nas súas tendas de campaña, poidan acender lume para entrar en calor.

Ademais de Sulaf, moitas son as mulleres que dan a luz en zonas próximas a Idomeni, ou que se atopan nun estado avanzado de xestación.

Antía Ramos Gallego, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 13-03-2016 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0