 Fai cen anos, o correo facía viaxar dunha punta a outra de España postais que, ademais de transmitir as noticias ou saúdos dos seus remitentes, tamén difundían as imaxes icónicas dun país nun tempo no que desprazarse era tarefa complicada e os medios de comunicación impresos tiñan unha difusión moito máis limitada. Esas mesmas postais tamén emprenderon outra viaxe, este cara a o futuro: grazas a elas podemos certificar o paso do tempo nas nosas paisaxes, transformados non en poucas ocasións ata resultarnos irrecoñecibles.
Antía Corral, 2º Bach. |