Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Mesa homenaxea Manuel María co libro-disco 'A voz do vento'
?É a homenaxe particular que lle queremos facer a Manuel María desde a Mesa?, cóntanos Marcos Maceira, presidente desta entidade: ?A idea é difundir a obra deste poeta a través da música entre a xente máis nova?. 
O chairego ?foi un escritor absolutamente comprometido con Galiza e co seu idioma?, salientou Maceiras, quen lembra que o autor era socio da Mesa. Neste proxecto ?ponse música a poemas que van do intimismo ao compromiso a través de diversos estilos contemporáneos que pretenden chegar a todos os públicos mais dun xeito especial ao público xuvenil?.
Hoxe ás 12 realízase a primeira presentación de 'A voz do vento' na Casa-Museo de Outeiro de Rei. O acto contará coa actuación musical de Fran Amil, e nel intervirán o secretario da Fundación Manuel María Alberte Ansede, o presidente da Mesa Marcos Maceira e Jano, ilustrador do libro.
O libro-cd inclúe poemas de Manuel María, música de Fran Amil e a tribo incomprensíbel e ilustracións de Jano. Os textos están extraídos dos libros: Terra Chá, Proba documental, Aldraxe contra a xistra, Cantos rodados para alleados e colonizados, Versos do lume e o vagalume, A luz resucitada, As lúcidas lúas do outono e Sonetos á casa de Hortas.
A tribo incomprensíbel está composta por Aarón Bouzón, Álex Bardanca, Fran Amil, Paco Cerdeira  e Ricardo Casás, pero tamén colaboraron coas súas voces Jasper, Paula Romero, Antón Díaz, Xurxo Souto, Belén Tajes, O Leo, M. J. Pérez e Xosé Antón Bocixa. Segundo sinalou o autor das músicas, Fran Amil, o libro-cd ?é unha escolma de All Stars do país? e ?unha especie de catálogo de historia pre-pos-bravú?. 
Na web da Mesa pódese escoitar un dos temas, 'Ollei misiles con radar'. 

Sandra Tornero, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-03-2016 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0