Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A MOSTRA ?A FRONTEIRA INFINDA? REÚNE 45 OBRAS DE ARTISTAS GALEGOS UNIDOS POLA SÚA EXPERIENCIA NA EMIGRACIÓN
Afundación e Abanca presentaron este xoves en Ourense a súa primeira exposición conxunta, 'A fronteira infinda', que reúne obras de ambas as dúas coleccións co nexo común de ser froito da emigración galega. En total, expóñense 45 cadros de 20 artistas que percorren a historia da pintura galega do século XX "como nunca se formulara", segundo o presidente de Afundación, Miguel Angel Escotet. O percorrido parte de varias obras de Castelao e continúa con cadros realizados por artistas exiliados en América tras a Guerra Civil, como Maruja Mallo, Arturo Souto, Manuel Colmeiro, Eugenio Granell, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo ou Laxeiro. A exposición finaliza cunha representación das novas xeracións formadas na posguerra e que foi parte dun novo fenómeno migratorio, esta vez cara a Madrid ou capitais como Nova York e París. Son nomes como os de Leopoldo Nóvoa, Jorge Castillo, Manuel Mampaso, Luis Caruncho, Antonio Lago Rivera ou Tino Grandío. Así, a sala de exposicións de Afundación, na Praza Maior, acollerá ata o próximo 12 de xuño obras de autores que son iconas da pintura galega no século XX.
Para o presidente de Afundación a exposición demostra que os 20 pintores reunidos en Ourense mantiveron os seus sinais de identidade que lles identifican como galegos, ao mesmo tempo que evolucionaron a súa obra ao coñecer outras realidades e conectar coas correntes internacionais máis avanzadas.
Pola súa parte o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, destacou que, ademais das consecuencias sociais e económicas, o fenómeno migratorio galego "deixou unha profunda pegada" na cultura propia, recordando que no continente americano "xermolaron un bo número de iniciativas" relacionadas coa arte e a literatura. De feito, Rodríguez subliñou que o título da mostra, 'A fronteira infinda', fai referencia a unha obra escrita por outro nome importante da diáspora galega, o escritor celanovés Celso Emilio Ferreiro.


Xeila Crespo, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-03-2016 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0