Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os narcos almacenan droga para vendela máis cara por Nadal.
Nun negocio no que a falta doutras leis todo se move pola da oferta e a demanda, aproveitar os tempos das vacas gordas é fundamental, e sobre todo tendo en conta que agora, incluso para o narcotráfico abundan as fracas. O mellor mes do ano para os clans arousáns é decembro; é certo que non é cando o mar está máis tranquilo para atreverse a facer un desembarco, pero correr o risco vale a pena se despois os beneficios son maiores, e xeralmente sono porque contan cun importante número de clientes que ao pavo e ao turrón engaden, no menú do Nadal, a cocaína.
Sábeno as forzas da orde, por iso é tamén entre decembro e xaneiro cando se realizaron máis incautacións. Como indicaba esta semana un experto na loita contra o narcotráfico, ?hai quen non se arrisca máis que unha vez ao ano para desembarcar un alixo, e fano nestas datas?. Moitos están xa vixiados e acaban comendo as uvas entre reixas, pero outros conseguen o seu obxectivo e acompañan o brinde cun importante cargamento de cocaína.
Corrobórano as cifras. Nos últimos quince anos confiscáronse aos clans galegos ao redor de vinte toneladas de cocaína que estaban listas para consumir nas festas do Nadal, e varios narcos históricos caeron en redadas practicadas polas forzas da orde co ano a piques de despedirse.


Lucía Vázquez Nóvoa, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-12-2015 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Very good. Le#blgtk08#onard Algorfa
Comentario por Leonard Algorfa (07-03-2016 13:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0