
Pekín pasa por unhas das peores crises ambientais dos últimos anos. Durante os episodios de alerta laranxa e alerta vermella, os niveis de contaminación chegaron a situarse en 634 microgramos cando o máximo recomendable é só de 25.
A capa de néboa que cubre a cidade provocou que as rúas se escurecesen e que moitas escolas e colexios cerrasen as súas portas. Incluso, numerosos monumentos históricos desapareceron entre a bruma gris.
Ante a desgraza, os viandantes decidiron deixar aflorar o seu espírito creativo e comezaron a perfilar nas súas fotografías o lugar onde debería situarse os monumentos e mostrar a súa silueta.
A pesar deste arranque do humor, o periódico China Daily segue criticando ás autoridades ante a situación.
Selena González Rodríguez, 1ºA de Bacharelato. |