 O que máis impresiona do Hotel Nacional da Habana non é a súa arquitectura, e iso que apabulla, senón o elenco de ilustres que deambularon por alí, son as imaxes de numerosos mafiosos, entre os que se atopa o capo de todos os capos, Lucky Luciano, que en 1947 xuntou no seu refuxio a toda a troupe mafiosa, a imaxe e semellanza doutra celebrada en Chicago en 1932. Alí chegaron Santo Traficante de Florida, Carlos Marcello de Nova Orleans, Tony Acardo e Charlie Gatillo Fácil de Chicago, Frank Costello, Giuseppe Maglioco e Willie Moretti de Nova York; así ata unha ducia, e todos controlados polo FBI.
Xunto a eles un crooner de excepción, Frank Sinatra, o orgullo dos italoamericanos, chegado a iniciativa de Luciano.Outros apuntan que Sinatra acudiu ao encontro con 3,5 millóns de dólares en billetes de 50, cos que axudou a que o capo construíse o seu imperio cubano.
Sinatra foi interceptado nun control de rutina na aduana e foi obrigado a abrir o maletín no que ocultaba o diñeiro, escríbeno Anthony Summers e Robbyn Swan, en The life, unha biografía sobre o cantante. Segundo o seu relato, a multitude, empezou a rodealo e a empuxalo en canto foi recoñecido, acción que fixo que o axente aduaneiro demasiado peliculero- deixáselle pasar ignorando a maleta.
Kelly Pousa, 2º Bach. |