Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Aumentan os desafiuzamentos en Galiza, a maioría relacionados co aluguer.
O drama dos desafiuzamentos non cesa. O terceiro trimestre en Galiza manifesta un alza no número de despexos respecto o mesmo período de 2014, en especial dos relativos ao aluguer, que son xa case sete de cada dez casos, segundo as estatísticas do Consejo General do Poder Judicial (CGPJ). O descenso das execucións hipotecarias non frea o número de lanzamentos, un total de 441 en Galiza no que vai de ano.

A suba rexistrada é do 0,5% en relación ao ano pasado. Unha tendencia que está relacionada co crecemento dos desafiuzamentos por aluguer, que aumentaron un 11,2% e representan o 67,7% dos despexos no país. Pola contra, os causados pola falta de pagamento da hipoteca baixaron un 4,4%.

As estatísticas do CGPJ mostran unha caída do 45% o que, segundo o órgano xudicial, amosa ?unha continuación do descenso experimentado ao longo do ano?. No terceiro trimestre, o número de concursos declarados caeu á metade respecto de 2014.




Candela Fernández del Pon, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-12-2015 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0