Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un de cada tres traballadores galegos cobra como máximo o salario mínimo.
O informe que vén de presentar o gabinete técnico da CIG sobre as rendas de traballo deita datos demoledores sobre o impacto real da crise no mundo do traballo e a vida das persoas. Elaborado a partir de datos e informacións da Axencia Tributaria, o documento do sindicato nacionalista indica como desde 2009 baixaron os salarios e medrou a desigualdade, unha evolución preocupante.

Así, un 31% das persoas asalariadas en Galiza cobra como máximo o salario mínimo interprofesional (SMI). Ou sexa, que un de cada tres traballadores que hai no noso país gañaron como máximo 6.800 euros en 2014. A isto hai que engadir que un total de 177.314 persoas asalariadas tivo nese ano uns ingresos inferiores á metade do SMI, é dicir, que ingresaron menos de 1.884 euros. Un 18,4% do total de traballadores en Galiza están nesta situación, un dato que amosa a precariedade salarial con toda crueza.

No outro extremo, tal e como recolle o informe da CIG, están aqueles que ingresan máis de 10 veces o SMI, é dicir,m por riba dos 141.374 euros anuais, e que en 2014 foron 4.005 persoas. Apenas un 0,4% dos traballadores de Galiza.


En 2009, os ingresos dunha persoa asalariada menor de 18 anos acadaban o 24% do salario medio; 5 anos despois, apenas o 22%, co engadido de que ese salario medio é un 2,6% menor. O ingreso descendeu en todos os grupos de idade, pero sobre todo entre os menores de 35, especialmente entre o colectivo entre 18 e 25 anos, cuxos ingresos son un 27,8% inferiores, de media, ao ano 2009. Os ingresos dos maiores de 56 anos practicamente cuadriplican os dos menores de 25 anos.


?Ser home ou muller no mercado laboral sempre supuxo ter unha diferenza salarial importante. A crise non rematou con este problema, aínda que si o atenuou?, afirma o gabinete técnico do sindicato nacionalista.

No 2009 o salario medio dunha muller representaba o 76,9% do dun home. En 2014 é o 78,1%. ?As diferenzas?, explican no informe, ?atenuáronse polo maior descenso dos ingresos salariais percibidos polos homes fronte aos das mulleres, non porque medrasen máis uns que outros?.


En resumo, apontan desde este gabintete técnico,após un quinquenio de crise económica, ?os efectos sobre a clase traballadora van máis alá do que ten a ver coa perda de emprego?. Así, á destrución de postos de traballo hai que engadir que se reduciron os ingresos e aumentaron as desigualdades. Aumentaron tamén as desigualdades entre os territorios do Estado.

O único emprego que se creou ?foi entre os asalariados/as con ingresos inferiores ao SMI, e o salario destes descendeu?. E, para finalizar, a CIG lembra que neste estudo non están todos. ?Faltan os miles de mozos e mozas que ante esta situación optaron pola emigración, senón os datos serían aínda máis alarmantes?.




Fernando Rodríguez Sousa, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-12-2015 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0