Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia perde 8.300 habitantes no primeiro semestre do 2015.
Galicia perdeu no primeiro semestre do ano 8.365 habitantes, segundo revela a enquisa que hoxe fixo pública o INE. Esta cifra é consecuencia dun saldo vexetativo negativo (morreron 7.130 persoas máis das que naceron, e da emigración dun centenar de persoas ao estranxeiro e de 1.101 a outras comunidades. A poboación galega queda tras esta evolución en 2.726.291 persoas.

España pola súa banda conta con 26.501 residentes menos, consecuencia dun saldo vexetativo negativo. Morreron máis persoas dos que naceron, marchouse do país máis xente (164.606 persoas) da que chegou (157.221), arroxando, de novo, un saldo migratorio negativo, segundo informa Europa Press. Este descenso súmase aos 62.634 habitantes que perdeu o ano pasado, unha redución de poboación que continuou no primeiro semestre deste 2015, cando se contaron.

Son as conclusións da Estatística de Migracións do Instituto Nacional de Estatística difundida este venres, segundo a cal ao peche do mes de xuño residían en España 46.423.064 persoas.

Os datos indican que aínda que se moderou o ritmo de caída da poboación, pois a redución durante este primeiro semestre foi da 0,06% fronte ao 0,12% que se acumulaba no mesmo período o ano pasado, España acumula xa seis semestres consecutivos de perda poboacional. As razóns atópanse tanto no crecemento vexetativo negativo rexistrado entre xaneiro e xuño, cando morreron 19.115 persoas máis das que naceron, como no saldo migratorio, que tamén está en números vermellos: 157.221 persoas procedentes do estranxeiro instaláronse en España neste período mentres foron 164.606, 7.385 persoas máis, as que se marcharon.
Por outra banda, o INE constatou que os españois seguen deixando o país en busca de mellores oportunidades noutros países e fano a maior ritmo, de modo que entre xaneiro e xuño deste ano 50.844 optaron por marcharse (32.980 nados en España), un 30 % máis dos que o fixeron no mesmo período do 2014. Un semestre no que regresaron 23.078 españois, é dicir que o saldo migratorio é negativo en 27.766 persoas.

Con todo, na súa estatística sobre Migracións, que recolle datos sobre nacementos, defuncións, movementos migratorios e cambios de nacionalidade, o INE advirte de que se moderou o ritmo caída da poboación, que pasou dun 0,12 % no primeiro semestre de 2014 a un 0,06 % no mesmo período deste ano.




José Javier Nieto Blanco, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-12-2015 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0