.jpg) Será o terceiro día consecutivo que o Consistorio aplique ambas as medidas, incluídas no denominado 'escenario 2' do protocolo contra episodios de alta contaminación. Madrid mantén a limitación de velocidade a 70 quilómetros por hora na M-30 e vías de acceso á capital, e a prohibición de aparcar na zona de estacionamento regulado
O Concello aclara que o domingo, aínda que persista a polución, non haberá restricións ao aparcadoiro de non residentes porque os domingos e festivos non hai zona de estacionamento regulado, polo que non están operativos os parquímetros, aínda que si seguirá activada a limitación de velocidade a 70 quilómetros por hora na M-30.
Como en días pasados, a EMT e o metro reforzarán os seus servizos para tentar responder á maior demanda de viaxeiros. O Concello de Madrid recomenda o uso do transporte público para desprazarse polo centro da cidade durante toda a ponte da Constitución, período de alta concentración de peóns e condutores nas rúas.
Ademais, cortará o acceso de vehículos ao centro da cidade cando sexa "necesario" para evitar que se colapse. Por iso, solicita aos madrileños que teñan en conta nos seus desprazamentos que se poden producir cortes de tráfico tanto por saturación dos accesos aos estacionamentos, como pola intensidade da circulación
Antía Ramos Gallego, 1ºA de Bacharelato. |