Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Tres feridos nun ataque con coitelo no metro de Londres ao berro de ?isto é por Siria!?
Un home cun coitelo atacou polo menos a tres persoas no metro de Londres e feriu de gravidade a unha delas, informou a Policía Metropolitana de Londres (MET), que investiga o caso como ?un acto terrorista?.
Durante o suceso, ocorrido o sábado pola tarde na estación de Leytonstone, no leste da capital, e que puido ser gravado nun vídeo colgado en internet, o autor pareceu berrar ?isto é por Siria?, antes de ser detido pola Policía.
Axentes da MET acudiron á estación da Central Line ás 19.06 GMT do 5 de decembro, tras ser alertados de ataques e ameazas a varios pasaxeiros. Despois de ser reducido cunha arma de electrochoque táser, o presunto atacante foi detido ás 19.14 GMT, segundo indicou a MET, tamén coñecida como Scotland Yard.
Nun vídeo subido a Internet aparece o presunto autor xesticulando a dúas persoas na estación. Cando estas se achegan, atácalles co coitelo, duns 7,5 centímetros, e parece ferir a un deles no pescozo. Momentos despois, chega un policía uniformado que lle dispara cun táser.
Outro vídeo parece mostrar o momento en que o sospeitoso é reducido e levado por dous axentes, mentres se oe a outro home dicir no fondo: ?Ti non es un irmán musulmán?
Segundo Scotland Yard, unha das tres vítimas sufriu feridas graves, pero a súa vida non corre perigo, mentres que as outras dúas son tratadas por feridas leves. ?Estamos tratando este suceso como un acto terrorista?, declarou o comandante Richard Walton, xefe do comando antiterrorista da MET.


Lucía Vázquez Nóvoa, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-12-2015 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0