 Medio centenar de feirantes de Bouzas concentráronse esta mañá no aparcadoiro do Paseo Marítimo de Bouzas para reclamar a reapertura «urxente» dos mercadillos de Bouzas, Coia e Beade. Na zona estableceuse un forte dispositivo policial, cunha decena de axentes que vixiaron que non se establecesen postos.
O portavoz dos feirantes, Francisco Giménez, pediu a reapertura porque «hai 180 familias que están a pasar necesidade porque viven exclusivamente do mercadillo. Estamos nunha situación crítica que non se aguanta máis».
Os feirantes piden ao alcalde Abel Caballero que reabra os postos. «Se nos quitan o pan, polo menos que lle de traballo aos nosos mozos porque hai moita necesidade», engadiu. Lembra que levan 30 anos celebrando o mercadillo sen incidencias e que é xa algo «histórico» e tradicional da cidade. «Somos o único Concello de Galicia ao que lle pechan os mercadillos. Porque non hai seguridade? A seguridade póñena hoxe para vixiarnos a nós», afirmou.
A concentración de hoxe en Bouzas sería máis numerosa pero moitas familias tiveron que ir vender a Redondela porque «hai necesidade», di o portavoz.
O vindeiro mércores concentráronse ás portas do Concello para reclamar a reapertura do mercadillo.
Paola Dacasa, 2º Bach. |