Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Campos de fútbol ourensáns
Algo tan trivial e aparentemente fácil de coñecer, como debería de ser a localización dos campos de fútbol na nosa cidade, asegúrovos que me deu traballo e algún quebradizo de cabeza.

Non me atrevo a poñer data aos inicios do fútbol, na nosa Auria, pero seguramente a moda que comezou no sur de España alá polo último cuarto do século XIX, non tardou demasiado tempo en facer furor na cidade. Seguramente de maneira oficial houbese que esperar á última década do século, pero seguro que os graxos dá Burga, xa llas arranxaban para correr detrás dunha pelota de trapos pola alameda con anterioridade.

O primeiro campo coñecido, foi o denominado de Aragón, nos terreos do cuartel de San Francisco. Existen moitos comentarios que nos falan del con anterioridade, pero de maneira documental eu situouno en 1912. Nese ano, o 7 de xuño, disputouse a Copa do Liceo no Campo de Aragón, segundo publicaba o programa de festas da cidade. Non consta que tivese bancadas, e seguramente o seu formato era máis aproximado que oficial. O equipo titular probablemente fose o que de maneira amateur (aínda que xogaban como profesionais) formábase coas forzas alí acuarteladas.


Kelly Pousa, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-12-2015 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0