 Unha traballadora social do Concello de Ourense salvou posiblemente a unha anciá de 85 anos de falecer logo de alertar á Policía Local de que levaba varios días sen dar sinais de vida.
Segundo relataron os veciños, non conseguían contactar coa anciá desde hai tres días, aínda que desde dentro do inmueble no que vivía, situado na Avenida da Habana, escoitábase un televisor aceso.
Aínda que axentes da Local avisaron aos bombeiros ante a previsible necesidade de entrar pola forza na vivenda, non foi necesario xa que localizaron a un veciño que tiña as chaves do inmueble. Xa dentro, atoparon á anciá tirada no chan, con síntomas evidentes de levar varios días nesa posición e con síntomas de deshidratación, aínda que respondía a estímulos. A anciá foi trasladada a un centro hospitalario.
Laura Pérez Madriñán, 2º de Bacharelato. |