Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ambas grises ou unha azul e outra vermella?
Tras a famosa e viral imaxe do vestido que podía ser azul e negro ou branco e dourado (en función de quen o mirase), agora chega outra ilusión óptica. Trátase de dúas pastillas grises... Ou unha azul e outra vermella.

A imaxe consiste no debuxo dunha man amarela e outra azul que sosteñen cada unha unha pastilla. Algunhas persoas ven ambas pastillas de cor gris e outras ven unha azul e outra vermella.

En realidade, ambas son grises. O motivo é un efecto óptico provocado porque o cerebro tende a reinterpretar as imaxes en función do contexto, neste caso, das cores de fondo. Esta ilusión óptica popularizouna Michael Abrash, responsable da plataforma de realidade virtual Oculus, propiedade de Facebook, informa o portal Verne.

Laura Abad Álvarez, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-12-2015 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0