Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

De 'La Toja' a 'Sangenjo': Rajoy deturpa topónimos galegos en 'prime time' de TVE
Non é a primeira vez que o presidente do goberno español deturpa os topónimos do seu territorio de orixe, mais desta vez fíxoo en 'prime time' de TVE durante a súa participación no programa 'En la tuya o en la mía', de Betín Osborne. Mariano Rajoy falou de 'Sangenjo' no canto de Sanxenxo, de 'La Toja' por A Toxa e de 'La Coruña' por A Coruña. A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG 14.07.1983) establece no seu artigo 10 que en Galiza os topónimos terán como única forma oficial a galega. Algo que non semella importarlle ao presidente do Estado español, que volveu facer algunhas das súas deturpacións favoritas: a de 'Sangenjo', que é máis que recorrente nel.

Durante o programa Bertín Osborne tivo tempo de falar dos tópicos sobre os galegos, e preguntado Rajoy por como definiría os seus paisanos, este respondeu que o galego ?normalmente, é un tipo de fiar?. Houbo tempo para parolar de Aznar, Esperanza Aguirre ou da familia e da súa afección polo deporte. Tamén de Paco Vázquez, do que dixo que se non se chega a ir ?nunca gañariamos (polo PP) a alcaldía da Coruña?. Foi unha entrevista de 'luva branca', como sinalan comentarias e analistas, feita a maior gloria do presidente do goberno español.

Sofía Fernández Martínez, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-12-2015 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0