 Máis dun centenar de persoas berraron este sábado en Vigo contra ?a guerra imperialista?. Decenas de colectivos sociais, sindicatos e partidos políticos convocaron unha concentración para denunciar a resposta militarista contra os atentados de París. ?A contrapartida á barbarie de París non pode ser a guerra, e si a fin das ofensivas internacionais que deixan tras de si regueiros de medo, torturas e matanzas indiscriminadas de milleiros de persoas?, manifestou o escritor Xosé Álvarez Cáccamo, que deu lectura do manifesto conxunto.
Recordaron que en Palestina, Afganistán, Iraq, Libia, Sudán, Iemen ou Siria, ?as bombas e as armas da UE, da OTAN, de Israel e Estados Unidos masacran a diario milleiros de inocentes?. ?A paz é un valor sempre ameazado polo odio e polos intereses imperialistas en todo o mundo. A primeira vítima das tensións bélicas mundiais son os dereitos e a democracia?, remarcou Álvarez Cáccamo.
Ana García Barandela, 2º de Bacharelato. |