 Tres mozas británicas inventaron un bolso intelixente co obxectivo de evitar que o seu usuario gaste máis diñeiro da conta. O funcionamento é tan sinxelo como rechamante, aínda que o seu efecto disuasorio está lonxe de ser probado. En aparencia a carteira é normal, unha gamuza de cor marrón que se colga cruzada. Con todo, cando se tenta sacar a cartón de crédito dun peto interno creado especificamente para ela, unha voz métalica advirte ao usuario que non debería facelo ao berro de "nin o tentes". Se a persoa continúa e tenta extraela, o dispositivo do bolso insiste en ordenarlle que a garde.
O bolso leva nun fondo falso escondidos varios dispositivos electrónicos que lle permiten actuar como a conciencia daqueles consumidores desmedidos que cren necesitar un toque de atención para frear os seus impulsos antes de tirar de cartón de crédito. Cando se saca o cartón, un sensor detéctao e activa as gravacións. Se o usuario fai caso ás gravacións e o cartón volve de inmediato ao seu lugar, o dispositivo recompénsalle cun "sabía que me escoitarías". Se o consumidor desatende as recomendacións, o dispositivo tenta ridiculizalo en público con frases como "non crees que é demasiado?" ou ?Oh, non, outra vez non!?
"Tan pronto como moves o cartón, envía un sinal a unha serie de dispositivos electrónicos que están escondidos dentro do bolso", explica unha das creadoras á BBC. O deseño corre a cargo de tres estudantes de cuarto ano da Escola de Arte e Deseño Jordanstone de Dundee, a cuarta cidade máis grande de Escocia. As estudantes aseguran que o deseñaron para xerar cambio e empezar conversacións e que a súa intención non era a de poñer o prototipo no mercado. Polo momento o bolso non está a ser comercializado.
Laura Abad Álvarez, 2º de Bacharelato. |