Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Miles de zapatos en París na ?marcha simbólica? polo clima.
Máis de 10.000 zapatos, incluídos uns enviados polo papa Francisco, cubriron unha parte da praza da República de París para simbolizar a imposibilidade de organizar manifestacións na cidade con ocasión do Cume Climático (COP21) por mor da ameaza terrorista.
A asociación Avaaz concibiu esta colecta popular de zapatos como alternativa á multitudinaria manifestación que inicialmente estaba programada ao comezo da CPO21, e que foi anulada como todas as concentracións na vía pública en aplicación do estado de urxencia decretado tras os atentados de París do pasado día 13.
Béline Joye, de Avaaz, explicou que o obxectivo era ?ofrecer unha alternativa aos parisienses? en nome do ?dereito á liberdade de expresión?, neste caso para dicir que ?o medio ambiente é unha das causas de todo o que nos ocorre actualmente?.
Joye indicou que na praza da República colocáronse máis de 10.000 zapatos , e que en total recolleran entre 13.000 e 15.000, en gran medida en París e os seus arredores, pero tamén noutras rexións de Francia e incluso no estranxeiro.
Entre os que achegaron o seu calzado a este acto estivo o cardeal brasileiro Cláudio Hummes, xunto a un par de zapatos negros con cordóns do papa Francisco.
Hummes explicou á prensa que o pontífice ?quería tamén participar desta forma simbólica?. ?Fan falta cambios na política para facer fronte ao cambio climático?, subliñou o cardeal, arcebispo emérito de Sao Paulo, que insistiu en que o papa cos seus zapatos quere mostrar que ?está moi preto da xente?.


Lucía Vázquez Nóvoa, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-11-2015 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0