Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unhas xornadas pechan na Coruña o ano dedicado a Filgueira Valverde.
O ciclo de conferencias e mesas redondas 'Filgueira Valverde na cultura galega do século XX', que se desenvolverá entre este xoves e o venres, na Coruña, pechará o ano dedicado ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, e o escritor Arcadio López-Casanova inauguraron este xoves as xornadas na sede da institución académica galega. As mesmas dan continuidade ás realizadas en Pontevedra e en Santiago de Compostela os días 10, 11 e 24 de novembro, segundo precisou a Consellería de Cultura. No acto, o secretario xeral de Cultura referiuse ao homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015 como "unha figura de múltiples facetas, en cada unha das cales deixou constancia da súa calidade intelectual".
Sobre as xornadas, dixo que van servir de peche para "este ano Filgueira". "Son unha merecida e necesaria actualización da contribución á cultura galega deste estudioso e divulgador", afirmou o secretario xeral.


Alejandra Laso Domínguez, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-11-2015 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0