.jpg) O glaciar Grey, unha das marabillas do Parque Nacional Torres do Paine, no sur de Chile, perdeu 19 quilómetros cadrados de xeo nos últimos 30 anos a causa do aumento da temperatura.
Este glaciar, que remata no lago do mesmo nome, é un dos espectáculos naturais máis impresionantes do parque Torres do Paine, declarado Reserva da Biósfera pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) en 1978 é visitado por milleiros de turistas ano tras ano.
As enormes masas de xeo que se desprenden da parede do glaciar son un dos grandes atractivos que sorprenden aos visitantes que cada día navegan polo lago a bordo de pequenas embarcacións turísticas.
Antía Ramos Gallego, 1ºA de Bacharelato. |