Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

"O aspecto engana?
Cristina ten 24 anos e estuda Turismo no campus de Ourense. Ramón ten 80 e míraa con esa satisfacción de quen se sente fachendoso dun bo fillo. Non son máis ca compañeiros voluntarios do Banco de Alimentos de Ourense, pero ese vínculo fainos sentir extremadamente próximos. Ambos están nun Froiz do centro de Ourense; un pouco escondidos porque non hai espazo na entrada, pero co ánimo intacto. Os dous afirman que: «O aspecto da xente engana totalmente; moitos van despampanantes e non dan nada. A xente que máis entrega viste normal e hoxe vin unha muller estranxeira que pagou a súa compra, viunos no último momento, deu a volta, mercou máis cousas e entregóunolas ». As caixeiras do supermercado están implicadas no proxecto e son elas mesmas as que, en ocasións, recollen en bolsas aparte as doazóns para entregarllas a Ramón e Cristina. Os voluntarios fan unha primeira clasificación en caixas: comida para bebés, pastas, aceite... e explican que os produtos máis útiles son os non perecedoiros, por suposto, e tamén os precociñados. «Porque moita xente non ten medios nin para acender o lume». Así que as conservas de peixe, carne e vexetais, xunto cos leites e aceites son un ben prezado nestes carros solidarios. Son o gran de area ourensán á «Gran Recollida 2015» do Banco de Alimentos de España. O obxectivo: acadar mil toneladas.


Nuria Vázquez Gómez, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-11-2015 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0