Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os derradeiros versos de Neira Vilas soaron na súa despedida.
Xosé Neira Vilas estaría onte ledo de ver a tantos amigos reunidos ao seu carón, e estaría estreitando mans e repartindo sorrisos, pendente de todos. A súa despedida foi a que el quixo, a imaxe do funeral da súa dona, Anisia Miranda. Un acto «de irmandade» como explicaba o seu amigo, Alfonso Blanco Torrado, párroco de varias aldeas de Guitiriz e amigo persoal do escritor, que se encargou de oficiar o acto litúrxico nun adeus cheo de vida e de mensaxes. Unha hora antes do enterro, en Gres non cabía un alfinete e os coches amontoábanse nas beirarrúas. Ata a pequena igrexa da súa parroquia natal foron chegando representantes do Goberno galego co presidente da Xunta á cabeza, do BNG, do PSOE, alcaldes dos concellos da zona, membros destacados do mundo da cultura, da arte e representantes de infinidade de agrupacións culturais e de centros de ensino cos que Neira Vilas mantiña estreitos lazos.

A multitude congregada en Gres recibiu nun silencio sepulcral a chegada do cadaleito para romper seguidamente nun fervoroso aplauso ao paso do féretro, envolto na bandeira galega. As bandas de Ponteledesma e Merza o recibiron, coa interpretación do Himno Galego, para tocar despois da misa, o de Vila de Cruces.

Neira Vilas estivo presente a través das súas palabras, en versos musicados por Mini e Mero de A Quenlla, por Roi Casal ou lidos ao longo da celebración. A maioría eran das últimas obras deste xornaleiro da escritura, como a el lle gustaba definirse. Versos nos que Neira Vilas detén o paso para facer balance e falar de amor «da fortuna de poderte amar» e do que realmente importa sinalando que «a vida e só un momento», «son as cousas pequenas as que me dan os maiores momentos de felicidade, do seu lar tan amado, da inmensidade de ver un manto de estrelas branco, de comezar o día cunha palabra de amor, cun xesto amable e de descubrir: «Ao fin comezo a comprender que algún día xa non verei». Un canto á vida e non unha despedida porque, como dicía o seu amigo Blanco Torrado, «lendo a Neira Vilas sentimos esa luz, esa lumeirada., esa paixón coa que viviu Pepe e na que segue vivindo e que nos segue axudando a seguir soñando co futuro do noso país». Dende onte, Neira Vilas, descansa xa en paz ao carón da súa amada, Anisia Miranda.


Cristina Rey Pérez, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-11-2015 19:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0