Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A revolución que trae o gas no mar
É xa unha carreira de fondo consolidada. Superada a disxuntiva de se eran necesarias primeiro as infraestruturas ou constatar unha demanda real para mobilizar o mercado do gas como combustible marítimo, navieras, Administracións, portos, estaleiros e plantas de gas impulsan en paralelo numerosos proxectos para crecer nun negocio que, aínda que minoritario, comeza a ser unha realidade e está a impulsar unha auténtica revolución no sector. A onda que move este cambio converterá as regasificadoras en centros loxísticos, penetrará aos estaleiros noutra liña produtiva, habilitará novas infraestruturas nas dársenas e dotará aos armadores de buques menos contaminantes. O pano de fondo que impulsou os primeiros pasos neste mercado foron as obrigacións ambientais da Unión Europea, coas denominadas zonas ECA -Áreas de Control de Emisións- e os seus obxectivos para o 2020 de redución de emisións.

«Esta tendencia é imparable. Non hai marcha atrás. É un impulso tremendo á nosa industria, e España parte dunha posición privilexiada en Europa, ao contar con seis plantas de gas que, por capacidade, poderían satisfacer a metade da demanda comunitaria», sostén Manuel Lage, secretario xeral de Gasnam, a Asociación Española de Gas Natural para a Mobilidade.

Paola Dacasa, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-11-2015 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0