Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Vinte anos de cross no Guillelme Brown
O cross do Colexio Guillelme Brown cumpriu o pasado fin de semana 20 anos e fíxoo ao grande, reunindo a moitos dos especialistas da provincia na carreira absoluta, a cal levou Rubén Diz en categoría masculina e María Luz Ferreiro en feminina, pero especialmente cun bo número de escolares que gozaron dunha mañá deportiva nunha contorna idílica.

Cita xa consolidada no calendario ourensán, a actividade comezou desde ben cedo baixo a xélida mañá ourensá.

Rodeados de familiares, amigos e afeccionados que non quixeron perderse a competición, as distintas carreiras foron sucedéndose, para terminar cunha multitudinaria entrega de premios na que non faltou ninguén.

Aínda que sen dúbida un dos pratos fortes desta competición, ademais da carreira absoluta e de base é a competición reservada para os pais e profesores do Guillelme Brown.

Ás 12,30 da mañá e como colofón á mañá de entretemento e xa co sol en todo o alto, a emoción saltou desde o primeiro metro e o mellor clasificado tras completar o percorrido foi Óscar Cruz Pazo, cun tempo final de 5:55. Completaron o podio, a medio minuto do vencedor, Fernando Troncoso e Luís López.

Na categoría feminina, o triunfo foi para Patricia Kaiser, cun tempo total de 7:31, seguida María Bustillo e Leticia Carreira.

Andrea Marquina, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-11-2015 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0