Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Carlos Núñez obtén o XX Premio Europeo de Folclore «Agapito Marazuela»
O músico Carlos Núñez (Vigo, 1975), considerado como un erudito da música celta e un referente da interpretación da gaita de fol, obtivo hoxe o XX Premio Europeo de Folclore en memoria do investigador e intérprete Agapito Marazuela, autor do Cancionero de Castela.

O xurado, que deu a coñecer o fallo hoxe, presidido polo conselleiro da oficina Europea de Loita Antifraude, Joaquín González, discípulo de Marazuela, considerou que Carlos Núñez deu unha magnitude internacional á gaita fóra do contexto de España e de Galicia.

Así mesmo concibiuno como un virtuoso, cuxo traballo pola cultura popular localizada na comunidade galega, cun instrumento que tamén se utiliza noutros países de Europa, encaixa no contexto do premio.

Tamén formaron o xurado o catedrático de Antropoloxía Honorio Velasco, o folclorista Ismael Pena, o presidenta da Fundación Antonio Machado, Manuel Núñez Encabo, e a antropóloga Teresa Tardío, coordinadora da Fundación don Juan de Borbón, entre outros.

Antía Corral, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-11-2015 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0