Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Secuencian por vez primeira o xenoma mitocondrial completo dunha momia de 500 anos
Por vez primeira, investigadores da USC analizaron xenoma mitocondrial de aproximadamente 500 anos de antigüidade, concretamente o dunha momia andina atopada semisoterrada e conxelada en 1985 no borde occidental do sur do Aconcagua. Tratábase dun neno de sete anos de idade que estudos arqueolóxicos e antropolóxicos previos indican que puido ser vítima dun ritual de sacrificio inca coñecido como ?capacocha? hai aproximadamente cinco séculos.

En colaboración con investigadores arxentinos, o equipo liderado por Antonio Salas Ellacuriaga, profesor da Facultade de Medicina e membro do Instituto de Medicina Legal da USC e Federico Martinón Torres, pediatra e investigador clínico do Hospital Clínico Universitario de Santiago, conseguiu extraer e secuenciar a totalidade do xenoma mitocondrial de ADN procedente dunha biopsia de pulmón da momia. A este traballo sumouse un ?importante esforzo bioinformático e matemático? que permitiu comparar os resultados desta análise de laboratorio cunha base de datos mundial de aproximadamente 28.000 mitoxenomas. A comparación posibilitou sinalar no perfil xenético da momia unha nova linaxe que ?non fora identificado previamente en poboacións contemporáneas?, explican os investigadores. Pola contra e tomando como referencia outra base de datos, os autores atoparon que podería haber descendentes desta linaxe vivindo en Perú e Bolivia na actualidade e un individuo que habitou no antigo imperio Wari (contemporáneo aos incas e de procedencia andina).

O estudo do material mitocondrial completarase no futuro con novas análises de ADN nuclear que ampliarán o coñecemento sobre unha das máis grandes e complexas civilizacións da América precolombina ao tempo que evidencia como distintas áreas de coñecemento ?xenética, antropoloxía e historia- poden confluír arredor dun mesmo tema. Ademais, ambos investigadores galegos sinalan que se trata dun importante avance na biomedicina así como nas técnicas da actualidade.

Xeila Crespo Rodríguez, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-11-2015 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0