Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Formando ós opositores. |
|
José Luis Rodríguez Ureña mantén o seu compromiso galeguista e a súa paixón pola docencia.
Nesta segunda actividade comparte proxecto coa súa filla, que está vencellada á iniciativa que o seu pai puxo en marcha no outono de 1986.Como ben lembra Ureña: «O 1 de novembro de 1986 creouse a Academia Castelao».
O nome do seu proxecto docente foi unha escolla comprometida: «Cada un tende a ser o que pensa e o seu era elexir unha denominación vencellada a representantes sobranceiros do noso país. Castelao foi docente intelectual e político. Pero podería ter escollido outros mestres ou persoeiros que tiveron a súa importancia no maxisterio e no ensino en xeral, como Risco, Otero Pedrayo e outras figuras?.
Ureña conta que polas salas da academia colgan varios retratos de Castelao e de escritores e intelectuais galegos.
Recoñece o veterano que a ourensá é unha provincia de opositores: «Aquí hai pouca industria e a xuventude, na súa maior parte, escolleu ese camiño». Unha saída laboral, a de marchar.
Pai e filla lembran que Maxisterio e Xustiza son historicamente as oposicións con máis alumnos na Academia Castelao. Mais Ureña asegura que cada vez a demanda é menor, xa que os mozos recén licenciados emigran para Inglaterra e o resto de Europa porque a isto non lle ven futuro.
Rodríguez Ureña mantén o seu compromiso co nacionalismo, e confesa que aposta por unha candidatura de unidade.
Nuria Vázquez Gómez, 1º de Bacharelato.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|