 A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego asegurou onte, dous días despois da firma do acordo en Madrid, que o pacto alcanzado supón un engano ao conxunto dos gandeiros galegos e advertiu de que, no caso de que se incumpra o pactado, volverán á carga contra as empresas que infrinxan os puntos do documento, que entra en vigor o próximo 4 de outubro. Un texto que, a xuízo de Anxo Escariz, un dos portavoces desta plataforma de gandeiros, «non reflicte as nosas demandas, nin inclúe as emendas propostas polos produtores» para garantir a mínima viabilidade das granxas de leite. Unha tese compartida polos sindicatos maioritarios que non asinaron o mércores en Madrid: UPA.
A pesar de que o novo rumbo trazado para o sector por parte do Goberno, a industria e a distribución conta co apoio do sindicato Asaja e das cooperativas, en gran parte da base gandeira galega segue reinando a desconfianza.
Os representantes da plataforma lembran que hai declaracións na que altos cargos das Administracións central e autonómica comprométense a facer cumprir o acordo. «Nestes momentos hai xa flagrantes incumprimentos mesmos do documento asinado», aseguraron desde a plataforma. O sector está agora á espera de ver como concreta o ministerio o decreto que desenvolverá o pacto alcanzado en Madrid e que será determinante para ver se, de forma definitiva, recupéranse os prezos en orixe.
Paola Dacasa Mazaira, 2º de Bacharelato. |