Resumiría esta primeira experiencia no blog como algo diferente, un traballo de investigación e tamén de contrastar información, intentando sempre achegar información interesante e fiable ao público que nos le semanalmente. Pode parecer un traballo pesado ou cargante, pero convértese nunha actividade amena, da que sempre aprendes algo buscando acontecementos novos e abraiantes. O vindeiro curso alistareime outra vez neste grupo de blogueiros, buscadores de novas con ganas de vivir algo diferente, e se estás a leer esto e podes, non dubides en sumarte ao grupo, verás que paga a pena.
Andrea Marquina Rodríguez, 1º de Bacharelato. |