Chegou a hora da despedida, despois dun longo traxecto pola ESO con grandes experiencias toca adentrarse en Bacharelato, eses dous anos decisivos que depararán o meu futuro sen algún compañeiro que en apenas días están a piques de marchar. Neste camiño volverei formar parte do blog, polas ensinanzas e polo fomento da lingua que me está a dar e seguirá dando.
Durante este curso, cada sábado elaborando unha noticia co medo habitual dunha principiante, só podo rematar describindo isto con boas palabras.
Finalmente, agradezo aos meus compañeiros por formar parte desta grata experiencia e animando aos cursos que veñen detrás a participar na mesma.
Cristina Rey Pérez, 4º ESO B. |