Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A fin dun gran comezo |
|
A miña historia co equipo de Dinamización Lingüística comezou xa o curso pasado. Non esquezo a sensación de ser tan só tres mozas de cuarto, aínda que ao principio só estaba eu apuntada, e estar sempre ca presión de como o debíamos facer. Recordo as miñas tardes da fin de semana intentando atopar sobre que escribir, cando non había carreiras do mundial de MotoGP. Así durante un ano, recolectando noticias que aínda teño na miña carpeta no ordenador de ?Somos blogueiros galegos? e gardo na miña memoria con agarimo, mais a miña verdadeira conexión foi este ano como coordinadora.
Xa teño o gusto dos blogs pola revista e pensei que a cousa sería parecida, pero esta foi unha nova experiencia. Aumentou o meu concepto de responsabilidade por ter as cousas ó día, axudoume a estar máis unida ó galego e as noticias diarias. Enriqueceume tanto coma una periodista amateur, como persoa responsable. A pesar de non ser unha tarefa fácil, xa que coordinar a 13 persoas non é doado, esta é unha experiencia que non esquecerei xamáis, xa que non só permitiu que continuase cunha labor que me gusta facer, como é traballar con blogs, senón que me fixo estar máis cerca do galego, e coma a min, a todas as persoas que len cada semana as nosas entradas.
Grazas Xián pola gran experiencia que me aportou escribir nesta pequena parcela do internet e me fai sentir un poquiño máis unida ao idioma e grazas blogueiros por axudarme a poder realizala, aínda que sexa un pouco pesada por querer ter as noticias ao día.
Laura Abad Álvarez, 1º de Bacharelato. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|