É o primero ano que estou participando nesta actividade do blog. Teño que ser sincera: ao principio pensei que non o ía entender e que acabaría esquecéndome de facelo, pero despois das primeiras semanas xa vin que se nos comprometemos nunha cousa, temos que acabala.
Pareceume unha experiencia moi boa, xa que me axudou a estar máis informada sobre as cousas que pasan no noso mundo e que ás veces preferimos non mirar porque pensamos que non nos inflúen. Gustoume tamén que fora en galego, porque xa que temos unha lingua, teremos que aproveitala. Isto axudoume a poder practicar na hora de redactar en galego, xa que tiven que fixarme moito máis na acentuación debido a que vai dirixido á xente.
Se para o ano teño a posibilidade de repetir, fixo que o farei, xa que é algo que se leva con calma e que, como xa dixen, me axudou moito.
Selena González Rodríguez, 4º ESO B. |