Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A WEBSERIE GALEGA MÁIS EXITOSA
?Gafas e Pallaso", a webserie ideada por seis estudantes galegos, con poucos medios e unha alta dose de imaxinación, corre como a pólvora pola Internet e colocouse na súa estrea como a segunda máis vista do panorama nacional nesta modalidade.

Detrás dos cinco capítulos, de dez minutos de duración cada un, en que participan personaxes tan coñecidas como o humorista Dani Mateo, o presentador galego da TVG Xosé Ramón Gayoso, ou as estrelas do YouTube Lory Money e Wismichu, escóndense dous anos de incesante traballo de alumnos de Comunicación Audiovisual e Publicidade.

Saturados do mercado existente, este grupo de mozos, de entre 21 e 25 anos de idade, idearon unha serie "de humor absurdo" ou "humor mierder" como o prefiren chamar, e isto en galego, xa que era un ámbito no que, nesta lingua, aínda non se fixera nada, "este tipo de humor non existía", detalla Pita.

Trátase dunha carencia que non impediu que o proxecto, que xa foi merecedor dun premio, conte con actores, maquilladores, figurantes, cámaras, deseñadores gráficos, e até artistas convidados, algo polo que os integrantes da serie "están profundamente agradecidos" a todos os que colaboraron con eles.

Así, con moito humor, moita vontade e tamén moita cara, "Gafas e Pallaso" superou as expectativas dos seus creadores, que agora esperan que o seu segundo capítulo exceda as cifras rexistradas polo primeiro, que obtivo 10.000 visitas en só unha semana.

Por agora, non teñen ningún outro proxecto en mente, xa que continúan a traballar "en se daren a coñecer", algo que nun momento tan complicado para a industria audiovisual non é fácil, polo que advirten de que continuarán "metendo moita tralla", sobre todo a través das redes sociais.

"Gafas e Pallaso" pretende ser un sopro de aire fresco que provoque gargalladas, e isto coas aventuras e desventuras de dous amigos que viven nun día a día con grandes proporcións do inverosímil e absurdo.

Abondan as parodias, os gags visuais, clixés, arquetipos megautilizados, a bizarrada, as parvadas máis parvas, o humor negro e, mesmo, sostén Alexandre Pita, "algunha pincelada de humor intelixente".

Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 19-04-2015 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0