Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O PP oponse a que haxa máis galego na administración de xustiza
Esta sexta feira (17 de abril) o Partido Popular rexeitou incorporar como requisito para exercer funcións xurisdicionais en Galiza o "cominio oral e escrito" da lingua propia.

O grupo que apoia o goberno da Xunta opúxose a unha iniciativa parlamentaria presentada pola deputada do BNG, Ana Pontón, na que visaban icorporar este punto á reforma do Poder Xudicial á fin de equiparar o estatus do que gozan neste sector da administración o galego e o castelán. Porén, o voceiro do PP, Agustín Baamonde xustificou a oposición do seu partido asegurando que debían ser respectadas as opcións individuais das persoas usuarias da xustiza e tamén d@s profesionais da xudicatura.

Porén, Pontón retrucou preguntando ao deputado popular por que que cando no Estado se esixe o coñecemento do español é ?un acto de liberdade? mais se na Galiza se esixe o coñecemento do galego para o Partido popular, ?é unha atrocidade?.

Só o 5% das sentenzas en galego

Na Galiza só o 5% das resolucións se escriben na lingua de noso convertendo a súa presenza en practicamente testemuñal. Neste senso, Carlos Varela, ex-Fiscal Superior de Galiza e membro da Irmandade Xurídica Galega, ten recoñecido sen ambaxes que "a situación do galego neste eido é aínda precaria e pode acreditarse que o dereito do cidadán a recibir servizo na súa lingua de elección non está actualmente garantido".

?Vostedes defenden a imposición do castelán e van en contra do Plan de Normalización lingüística?, recriminou a parlamentar do BNG perante a negativa do PP a que, pola vía legal, se garantan os dereitos lingüísticos do pobo galego.

Sofía Fernández Martínez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-04-2015 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0